Tarifas
Cada tradución é única e o seu prezo varía en función do volume de palabras, os idiomas de partida e de chegada, o formato do texto orixinal, a data de entrega (urxencia da tradución), o campo de especialidade e a complexidade da linguaxe utilizada. Por iso non existe un prezo fixo para todos os traballos.
O importe da tradución calcúlase multiplicando a tarifa correspondente (de acordo cos prezos habituais do sector) polo número de palabras do texto.
A tarifa de revisión pódese aplicar igualmente por palabra (de acordo cos mesmos criterios) ou por hora, segundo o cliente prefira optar por un orzamento cerrado ou aberto, respectivamente.
-
Por que se cobra por palabra?
O reconto de palabras permite unha maior transparencia á hora de elaborar os orzamentos e un cálculo xusto e preciso de prezos e prazos.
En efecto, a cantidade de palabras do texto é un dos factores máis importantes para determinar o prezo dunha tradución. Existen outros métodos de cálculo, pero non son tan previsibles e fiables.
Por exemplo, calculando o prezo dunha tradución polo número de páxinas nunca poderiamos obter un orzamento exacto porque a cantidade de texto varía dependendo do tamaño das páxinas, das marxes, do interliñado e das imaxes e táboas que conteñan. Ademais, sería inxusto pagar por páxinas medio baleiras.
Por outra banda, o cobro dun traballo por horas implica non coñecer o prezo definitivo ata que non finaliza o servizo.
Esta é a opción que se adoita utilizar nas revisións porque é moi difícil facer unha estimación do tempo que van levar, pois dependerá de se a revisión é unicamente ortotipográfica ou tamén gramatical, léxica e estilística, da cantidade e tipo de correccións que haxa que facer no texto e de se ademais hai que editar o formato. Non obstante, para comodidade dos nosos clientes, ofrecemos a posibilidade do reconto por palabras para ambos os servizos.
En tradRLQ utilizamos programas informáticos específicos que nos axudan a calcular con precisión o número de palabras do texto orixinal. Así podemos ofrecer un orzamento exacto, claro e xusto para o cliente antes de comezar cada proxecto.
Debido á infinidade de variables que poden afectar ao prezo dos servizos, presentar unha listaxe exhaustiva de tarifas sería un recurso algo confuso e moi pouco eficaz. Por iso en tradRLQ poñemos ao seu dispor unha sinxela e cómoda ferramenta coa que poderá:

(+34) 607 110 706(+34) 984 104 308

A que idiomas traducimos?
En tradRLQ realizamos traducións desde inglés, francés e portugués a castelán e galego, e desde castelán e galego a inglés. Tamén traducimos entre galego e castelán e ofrecemos un servizo de revisión nestas dúas linguas.
Que traducimos?
Contratos, consentimentos informados, páxinas web, manuais de usuario, márketing, obras literarias, software, expedientes académicos, instrucións de traballo, partidas de nacemento, música, seguros, publicidade...