Revisión e corrección de textos

En tradRLQ revisamos e corriximos páxinas web, folletos publicitarios, manuais, teses, traballos de investigación e documentos de todo tipo en galego e en castelán.

Despois do esforzo que dedicou ao seu proxecto, non pode deixar que unha falta de ortografía, fallos tipográficos, algún erro gramatical, incoherencias terminolóxicas, unha mala puntuación ou un estilo redundante boten a perder un traballo que polo demais sería excelente.

Dificilmente poderá convencer a alguén da calidade do seu produto, servizo ou traballo, se non transmite esa mesma calidade na mensaxe.

En tradRLQ comprometémonos a entregarlle un texto impecable no que se entenda con precisión e corrección exactamente o que vostede quere transmitir, dando unha imaxe profesional e seria que reflicta a súa dedicación no traballo.

Invista no futuro do seu proxecto. Confíenos a súa imaxe lingüística.