Tradución xurada

En tradRLQ ofrecemos tradución xurada de inglés a español e de español a inglés para todo tipo de documentos de carácter oficial que teñan que ser presentados ante unha administración pública, un órgano xudicial ou unha institución académica.

As traducións serán realizadas e certificadas conforme a lexislación vixente por un tradutor xurado nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Coa súa sinatura e selo dará fe da fidelidade e exactitude da tradución e outorgaralle validez legal.

En tradRLQ sabemos que os documentos que nos confía son delicados, por iso garantímoslle que os trataremos con absoluta confidencialidade.

  • Que características ten unha tradución xurada?

    É a tradución dun documento oficial, asinada e selada por un tradutor xurado, quen actúa de fedatario público para certificar que a tradución é exacta e fiel ao orixinal.

    A certificación do tradutor xurado dálle ao documento traducido validez ante calquera organismo público ou privado (ministerio, consulado, notario ou xulgado).

    Neste tipo de tradución, máis literal e minuciosa, ademais do corpo do texto, tradúcese calquera anotación á marxe, fanse constar as especificidades (marcas de auga, borróns...) e descríbense os selos e sinaturas. Ademais, o tradutor adoita engadir en notas ao pé as aclaracións que considere oportunas.

  • Cando se necesita unha tradución xurada?

    Este tipo de tradución é necesaria para documentos oficiais que se vaian presentar ante unha administración pública, institución académica ou órgano xudicial.

    O tipo de documentos que adoitan requirir dunha tradución xurada son: certificados académicos e diplomas, certificados de matrimonio, partidas de nacemento e defunción, antecedentes penais, poderes notariais, escrituras, informes periciais, etc.

  • É imprescindible presentar o documento orixinal para facer a tradución?

    Non. Aínda que nalgúns casos sería preferible, é perfectamente válido facer traducións xuradas sen ter o orixinal diante.

    Se o desexa, para a súa comodidade pódenos enviar por correo electrónico o documento orixinal escaneado.

    O tradutor xurado de tradRLQ fará a tradución a partir del e incluirá unha copia selada ao final para máxima seguridade coa Administración.

  • Como se entregan as traducións xuradas?

    As traducións xuradas expídense exclusivamente en papel, dado que son a sinatura e o selo orixinais do tradutor xurado os que lle dan a validez legal.

    Por esa razón, pode optar pola entrega en man (en caso de vivir na zona de Viveiro, en Ourense ou na Coruña) ou, pola súa conta, a través da vía que solicite (correo certificado ou servizo de mensaxería).