Tradución xeral e especializada
Realizamos traducións de todo tipo de documentos, dende cartas ata especificacións técnicas, pasando por guías de práctica clínica, localización de software, contratos, márketing e publicidade, e-learning, textos musicais, obras literarias e material turístico.
Contamos con asesores titulados expertos nos diferentes campos.
Estas son as principais áreas de especialización nas que traballamos:
-
Tradución técnica e científica
Enxeñería e electrónica, manuais de usuario, instrucións de traballo, agricultura e gandería, silvicultura, acuicultura, sector marítimo-pesqueiro, bioloxía, química, pesticidas e praguicidas, enoloxía, matemáticas, intelixencia artificial, arquitectura, etc. -
Tradución informática e localización
Páxinas web, programas informáticos, manuais e guías, etc. -
Tradución médica e farmacéutica
Consentimentos informados e documentos de información ao paciente, guías de práctica clínica (tuberculose, cancro, diabetes, bulimia, esclerose múltiple...), cirurxía, psicoloxía, coidados paliativos, aparatos médicos, boletíns farmacolóxicos, etc. -
Tradución administrativa e xurídica
Documentos administrativos, contratos, seguros, escrituras de constitución, leis e códigos, boletíns oficiais, orzamentos xerais, protección de datos, licenzas de software, etc. -
Tradución económica e empresarial
Financiamento, Rexistro mercantil, transporte de mercancías, etc. -
Tradución didáctica e académica
Formación en liña (e-learning), temarios e programas universitarios, proxectos de investigación posdoutoral, etc. -
Tradución de humanidades
Música, turismo e hostalería, alimentación e gastronomía, sector téxtil, recursos humanos, ambiente, centros de menores, proxectos sociais, linguaxe non sexista, violencia de xénero, arte, seguridade, publicacións en xornais e revistas, etc. -
Tradución literaria
Narrativa, ensaio, humor, adaptación. Proxectos editoriais.

(+34) 607 110 706(+34) 984 104 308

A que idiomas traducimos?
En tradRLQ realizamos traducións desde inglés, francés e portugués a castelán e galego, e desde castelán e galego a inglés. Tamén traducimos entre galego e castelán e ofrecemos un servizo de revisión nestas dúas linguas.
Que traducimos?
Contratos, consentimentos informados, páxinas web, manuais de usuario, márketing, obras literarias, software, expedientes académicos, instrucións de traballo, partidas de nacemento, música, seguros, publicidade...