Orzamento

Complete o formulario cos detalles do seu proxecto e en menos de dúas horas recibirá gratuitamente e sen compromiso un orzamento exacto.

Se o desexa, pode coñecer inmediatamente o prezo aproximado do servizo indicando o número de palabras e as características do seu texto.

Non obstante, teña en conta que o custo así calculado é orientativo. Para ofrecerlle a tarifa que mellor se adapte ás súas necesidades e poder presentarlle un orzamento final, necesitaremos que nos envíe o(s) documento(s) que quere traducir.

  • Política de confidencialidade

    En tradRLQ tomamos moi en serio a súa privacidade.
    Por iso comprometémonos, dende o primeiro contacto que manteña connosco, a non divulgar e tratar coa máis absoluta confidencialidade calquera información que nos proporcione, independentemente de que teña lugar ou non a prestación contractual, e mesmo unha vez finalizada esta.

Complete o formulario






En tradRLQ tomamos moi en serio a súa privacidade.
Por iso dende este mesmo momento comprometémonos a non divulgar e tratar coa máis absoluta confidencialidade calquera información que nos proporcione.
O noso desexo é prestarlle un servizo de calidade que se adapte perfectamente ás súas necesidades, pero se decide non contratar os nosos servizos, eliminaremos inmediatamente todos os ficheiros que nos enviou.

Solicitar orzamento exacto




Por favor, complete os campos que aparecen en vermello para que poidamos atender correctamente a súa solicitude de orzamento.

Porémonos en contacto con vostede o antes posible. Grazas pola súa confiaza.

Calcular prezo aproximado


Como saber o número de palabras dun texto?
Algúns programas teñen unha función para contar palabras. Estes recontos non inclúen as palabras das notas ao pé, cadros de texto, imaxes, lendas, etc., pero axudan a facer un cálculo aproximado.
A continuación explicamos como facer o reconto nos ficheiros máis habituais:

  • Microsoft Word / OpenOffice Writer
    (ficheiros con extensión *.doc, *.docx, *.odt, *.rtf, *.txt)

    Word 2003: Ferramentas > Contar palabras...
    Word 2007: Indícaas automaticamente na barra de estado situada na parte inferior da área de traballo.
    OpenOffice Writer: Ferramentas > Contaxe de palabras
  • Microsoft Excel / OpenOffice Calc
    (ficheiros con extensión *.xls, *.xlsx, *.ods)

    Non teñen unha función para contar as palabras directamente. Pode copiar todo o texto nun novo documento de Word ou Writer e facer o reconto como se indica no apartado correspondente a estes programas.
  • Microsoft PowerPoint / OpenOffice Impress
    (ficheiros con extensión *.ppt, *.pptx, *.odp)

    PowerPoint 2003: Ficheiro > Propiedades > Estatísticas > Palabras
    PowerPoint 2007: Botón de Office > Preparar documento > Propiedades >
    Propiedades do documento > Propiedades avanzadas > Estatísticas
    OpenOffice Impress: Ferramentas > Contaxe de palabras
    Se a súa versión non ten a opción de calcular palabras, pode copiar todo o texto nun novo documento de Writer e facer o reconto como se indica no apartado correspondente a estes programas.
  • Adobe Acrobat (ficheiros con extensión *.pdf)

    Non se poden contar as palabras directamente desde Acrobat. Pode copiar todo o texto nun novo documento de Word ou Writer e facer o reconto como se indica no apartado correspondente a estes programas.
    Teña en conta que a manipulación dos ficheiros PDF é bastante laboriosa. Se quere reducir o custo da tradución do seu texto, recomendámoslle que solicite a tradución a partir do ficheiro orixinal co que se creou o PDF.
  • Documentos en papel

    Se o texto que quere traducir está en papel, pode mandárnolo escaneado para que nós contemos as palabras por vostede e lle enviemos un orzamento exacto e sen compromiso.
  • Documentos non editables e outro tipo de ficheiros

    Se non ten maneira de contar as palabras do texto que quere traducir, envíenos o(s) ficheiro(s) e nós faremos o reconto por vostede. Dispoñemos de programas informáticos específicos que nos axudan a calcular con precisión o número de palabras do texto orixinal, e enviarémoslle un orzamento exacto e sen compromiso o antes posible.

Subtotal aprox.:
Recargas:
IVE:
Total aprox.:

Se desexa que lle enviemos gratuitamente un orzamento exacto e sen compromiso, seleccione a seguinte opción.